![]() |
Este é o cartel elaborado polo GIA para a península ibérica, a versión en galego, na que se diferencia da especie máis semellante. |
1 de dezembro de 2011
A araña europea do ano 2012: a araña cavernícola grande.
Etiquetas:
Arácnidos,
araña europea 2012,
cavernícola,
GIA,
Meta bourneti,
Meta menardi,
Metellina merianae,
tethragnatidae.
14 de julho de 2011
As libélulas, lavacús e gaiteiriños reencóntranse coa cultura galega.

De tódolos xeitos, permítome dar un aviso a navegantes, pensando nas últimas vagas de calor e no cambio climático: hai 4 anos que un novo "lavacú", empregando a terminoloxía proposta nesta guía, pasou o estreito cara á Península, trátase de Trithemis kirbyi, especie propia de practicamente toda África, polo menos ata o de agora. Supoño que tardaremos anos en vela por Galicia, pois a loita pola supervivencia segue aí fóra, pero a súa presenza en Sudáfrica fai recordar o ben que acollemos outras "compatriotas" coma a unlla de gato e a Arctotheca calendula e a vinagreira Oxalys pes-caprae, aínda máis espalladas e tan naturalizadas que forman parte dos nosos recordos infantís.
*Baía Edicións - Guía das libélulas de Galicia
**WEBORYX - FIELD GUIDE TO THE DRAGONFLIES OF BRITAIN AND EUROPE INCLUDING WESTERN TURKEY AND NORTH-WESTERN AFRICA
7 de maio de 2011
Época de máxima diversidade, máis ataques á vida.
![]() |
Xinandromorfo de Issoria lathonia, metade macho, metade femia, atopada en campos de Valdeorras en maio do ano pasado. |
Pois ben, ditos estudos para o caso dos xinandromorfos, existiron hai xa medio século, pois como dicía a ecóloga clásica, Rachel Carson:
Os mosquitos expostos ao DDT durante varias xeracións convírtense en estrañas criaturas chamadas xinandromorfos: son en parte machos e en parte femias.
As plantas tratadas con varios fenois sofren unha profunda destrución dos cromosomas, cambios nos xenes e un sorprendente número de mutacións, "cambios hereditarios irreversibles". Esas mutacións tamén se producen nas moscas do vinagre, os suxeitos clásicos de experimentos xenéticos, cando se someten ao fenol; ditas moscas presentan mutacións fatais tralo contacto cun dos herbicidas correntes ou co uretano. O uretano pertence ao grupo de substancias químicas chamadas carbamatos, dos que se obtén un número crecente de insecticidas e outros produtos químicos para a agricultura. Dous dos carbamatos úsanse en realidade para impedir o grelado das plantas almacenadas, precisamente debido aos seus probados efectos en deter a división celular. Un deles, a hidracina maleica, considérase un importante mutáxeno.
(traducido a partir do capítulo "A través de una estrecha ventana" na Primavera silenciosa).
Etiquetas:
Agelastica alni,
herbicidas,
Issoria lathonia,
pesticidas,
pragas,
Rachel Carson,
xinandromorfo
1 de maio de 2011
Maio, mes das... arañas!
Grandes descoñecidas a nivel mundial, estímase que o grupo das arañas, os arácnidos, serían o 2º grupo de animais con máis especies despois dos insectos. O certo é que, en canto a especies coñecidas, os arácnidos, cunhas 65.000 especies, agora mesmo estarían algo por detrás dos moluscos, con máis de 70.000 especies, pero ningún dos dous tería rival nos insectos, con máis dun millón de especies coñecidas, e estiman que o seu estudo podería dar cifras de ata 8 veces máis.
Na Península Ibérica hai traballos exhaustivos publicados en localidades concretas, sobre todo dende finais do XIX, pero Galicia é unha das que está á cola en coñecemento de especies, como xa dixemos, con algo máis dunha centena de especies, moito menos cás mil trescentas descritas na Península, algunhas delas endémicas, outros elementos mediterráneos e africanos que elevan a diversidade ibérica con respecto ao centro e norte de Europa. A pesar de non chegar a Galicia os elementos africanos, si chegan os mediterráneos e algúns endemismos, aínda que está por ver en qué medida.
Pois ben, este ano maio é máis mes das arañas que nunca por dous motivos fundamentais:
1. Porque o método COBRA estandarizado para a mostraxe de arañas na Península Ibérica polo profesor Pedro Cardoso, establece maio e xuño como o período de maior diversidade, idóneo para colaborarmos ao coñecemento científico da entomofauna ibérica realizando un estudo de arañas na nosa zona.
2. Porque os fotógrafo-naturalistas de BV establecen o mes de maio para enviar fotos deste mes a un concurso con premio en todo o territorio español: ver Mayo El mes de las arañas | Biodiversidad Virtual, que aínda que non permite a identificación das centenas de especies que poidan aparecer, si das máis aparentes.

Agelena labyrinthica,
arañas,
COBRA,
Diversidade,
Oxyopes,
Thomisius onustus
22 de março de 2011
Cicindelas á saída do inverno
Esta tempada, imos recibir o introito da primavera ou "antroido", como dirían algúns paisanos do norte, cunhas máscaras terroríficas. Pois aínda que estamos afeitos ás bolboretís aparicións que anuncian o fin do inverno e recordan os disfraces do entroido de cara máis colorista e amable, tamén desta festa é propio o despertar das feras, coma o oso de Salcedo, ou dos espíritos malignos soterrados que fan a súa aparición tamén nesta festa, coma as negras e terroríficas máscaras vianesas ou calquera monstro que se recicla da festa do samaín-halloween. Así, tamén os escaravellos tigre saen do seu acubillo invernal para amosar as súas metálicas cores e terribles mandíbulas.
As cicindelas son unha das catro subfamilias de carábidos que están presentes nas nosas latitudes, son voadoras activas que asexan inquedas a súa presa cos seus enormes ollos, para alcanzala ao instante e darlle morte en poucos segundos coas súas temibles mandíbulas. Pero que comparta o nome do gran predador a raias, pode estrañar na cicindela campestre, non así nas especies de area (praia e ribeiras) que días desta semana facían aparición (19 e 20 de marzo) nas praias da Costa da Morte-Bergantiños:

Calomera,
Carabidae,
Cicindela maroccana,
Cicindelinae,
entroido,
Hárpax,
Lophyra flexuosa,
Lophyridia littoralis
5 de fevereiro de 2011
Agelena labyrinthica, araña europea de 2011.
É o quinto ano que en Europa dende que en 2006 se celebrara a primeiro ano da araña europea pola Sociedade Europea de Aracnoloxía, bo momento para participarmos en Galicia, sobre todo pola especie, abondosa, común e doada de atopar e identificar superficialmente, para ir comezando este verán, cando están activas.
No ámbito ibérico, contamos coa garantía de colaboración do GIA - Grupo Ibérico de Aracnología (dentro da SEA), do que son socio. Así coordinarémonos mellor en toda España e tamén teremos o asesoramento e segura identificación desta especie que lle dá nome á familia das diversas e cosmopolitas Tegenarias. Moi doada de localizar pola súa densa gran tea en forma de funil, que cobre unha extensa superficie e é visible a distancia, sobre todo despois dunha noite de orballo, a máis confundible é a Agelena agelenoides (Walckenaer, 1842), especie mediterránea nunca citada en Galicia, pero si en Bragança, cunha única cita no ano 40. Non é probable atopar esta última especie, pero si posible, pois cos datos que manexo, en Galicia soamente se terían detectado un 10 % das máis de mil especies peninsulares. Para máis información e contacto co coordinador español: Araña común del laberinto, e se dades un paseo por Portugal, aquí tedes información e máis contactos: Aranha comum do labirinto. De todos os xeitos, na sección entomolóxica do GN Hábitat poderemos organizar a previa recollida e revisión de datos de campo, así como outras dúbidas sobre a nosa entomofauna. Para iso podedes escribir ao e-mail do grupo: gnhabitat@yahoo.es.
![]() |
Aquí tedes un exemplar de Agelena labyrinthica (Clerck, 1757) ao lado dun río no interior da provincia da Coruña, onde andaban a cazar saltóns e mosquiñas en pleno mediodía. |
Etiquetas:
Agelena labyrinthica,
araña europea 2011
9 de janeiro de 2011
Devastación innecesaria... de novo.
![]() |
Clotianidina (clothianidin). |
Etiquetas:
abellas,
Bayer,
Clothianidin,
Clotianidina,
Nicotinoides,
Rachel Carson
Subscrever:
Mensagens (Atom)