5 de fevereiro de 2011

Agelena labyrinthica, araña europea de 2011.

É o quinto ano que en Europa dende que en 2006 se celebrara a primeiro ano da araña europea pola Sociedade Europea de Aracnoloxía, bo momento para participarmos en Galicia, sobre todo pola especie, abondosa, común e doada de atopar e identificar superficialmente, para ir comezando este verán, cando están activas.
Aquí tedes un exemplar de Agelena labyrinthica (Clerck, 1757) ao lado dun río no interior da provincia da Coruña, onde andaban  a cazar saltóns e mosquiñas en pleno mediodía.
No ámbito ibérico, contamos coa garantía de colaboración do GIA - Grupo Ibérico de Aracnología (dentro da SEA), do que son socio. Así coordinarémonos mellor en toda España e tamén teremos o asesoramento e segura identificación desta especie que lle dá nome á familia das diversas e cosmopolitas Tegenarias. Moi doada de localizar pola súa densa gran tea en forma de funil, que cobre unha extensa superficie e é visible a distancia, sobre todo despois dunha noite de orballo, a máis confundible é a Agelena agelenoides (Walckenaer, 1842), especie mediterránea nunca citada en Galicia, pero si en Bragança, cunha única cita no ano 40. Non é probable atopar esta última especie, pero si posible, pois cos datos que manexo, en Galicia soamente se terían detectado un 10 % das máis de mil especies peninsulares. Para máis información e contacto co coordinador español: Araña común del laberinto, e se dades un paseo por Portugal, aquí tedes información e máis contactos: Aranha comum do labirinto. De todos os xeitos, na sección entomolóxica do GN Hábitat poderemos organizar a previa recollida e revisión de datos de campo, así como outras dúbidas sobre a nosa entomofauna. Para iso podedes escribir ao e-mail do grupo: gnhabitat@yahoo.es.
E xa a ano pasado, tamén me indican no GIA que seguen a recoller datos de Araneus diadematus Clerck 1757 e Araneus pallidus (Olivier 1789), a primeira das cales foi araña europea 2010; pero indistinguibles dorsalmente, para diferencialas necesitamos a fotografía dos epixinos, como se ve no cartel elaborado por eles, e que dende o GN Hábitat vos podemos enviar con mellor resolución:

Desculpade as modificacións de última hora os lectores máis adiantados do blog, púxenas tal como me foron chegando.

1 comentário:

  1. Moi interesante Pablo. Eu anímome a recoller citas desta especie.

    Apertas,
    Damián

    ResponderEliminar