28 de janeiro de 2010

Charla "Distribución dos Ropalóceros en Galicia" no GNH

Transmito esta información do Grupo Naturalista Hábitat

Dentro da actividade ENCONTROS NATURALISTAS que ten lugar a última semana de cada mes, contamos nesta ocasión coa participación do entomólogo Rafael Estévez, especialista na bioloxía, distribución e conservación dos ropalóceros (bolboretas diúrnas) que virá a falarnos sobre aspectos da distribución deste grupo faunístico.




A charla terá lugar no local do Grupo Naturalista Hábitat, Rúa Camariñas, 8-baixo (xunto á praza de Monte Alto) A Coruña, o venres 29 de xaneiro ás 20:30h.

A entrada será libre e gratuíta.


Saúdos dende o GN Hábitat.