7 de maio de 2011

Época de máxima diversidade, máis ataques á vida.


Xinandromorfo de Issoria lathonia,  metade macho, 
metade femia, atopada en campos de 
Valdeorras en maio do ano pasado.
En moitas ocasións vemos singularidades nos seres vivos que non pasan de ser curiosidades e, cientificamente, temos que resignarnos a iso, pois é moi difícil seguirlle a pista sen un traballo intensivo que demostre a relación deles con causas naturais ou inducidas por actividades humanas.
Pois ben, ditos estudos para o caso dos xinandromorfos, existiron hai xa medio século, pois como dicía a ecóloga clásica, Rachel Carson:

Os mosquitos expostos ao DDT durante varias xeracións convírtense en estrañas criaturas chamadas xinandromorfos: son en parte machos e en parte femias.
As plantas tratadas con varios fenois sofren unha profunda destrución dos cromosomas, cambios nos xenes e un sorprendente número de mutacións, "cambios hereditarios irreversibles". Esas mutacións tamén se producen nas moscas do vinagre, os suxeitos clásicos de experimentos xenéticos, cando se someten ao fenol; ditas moscas presentan mutacións fatais tralo contacto cun dos herbicidas correntes ou co uretano. O uretano pertence ao grupo de substancias químicas chamadas carbamatos, dos que se obtén un número crecente de insecticidas e outros produtos químicos para a agricultura. Dous dos carbamatos úsanse en realidade para impedir o grelado das plantas almacenadas, precisamente debido aos seus probados efectos en deter a división celular. Un deles, a hidracina maleica, considérase un importante mutáxeno. 
(traducido a partir do capítulo "A través de una estrecha ventana" na Primavera silenciosa).

Hoxe, paseando pola vila, decateime de ata qué punto pode ser importante saber ler, pois as pombas que normalmente nos amenizan a tarde na praza, andaban a tomar areas mesturadas cun veleno e substancias tóxicas, tal como advertía dilixentemente un cartel, prohibindo o paso a tal campo de exterminio de malas herbas ou pequenos insectos, e foco de enfermidades por toxicidade aguda ou cancro para aves e outros animais, incluídos os humanos menos dispostos a facer caso dos avisos escritos, que entremos en contacto con ese céspede. Cómpre recordar ás autoridades municipais en xeral que existen alternativas que nos poñen en menor perigo, tal e como advirte o Safer Pest Control Project de Chicago, que recoñece ademáis que non todos os herbicidas e pesticidas están baixo os controis suficientes aínda hoxe (en EE.UU; aquí nin sequera hai información):

Moitas veces, nos seus xogos divertidos como correr descalzo pola herba, os nenos entran en contacto con pesticidas. Despois de andar polo céspede, persoas e animais poden deixar as alfombras mobles cubertos con pesticidas. Ata o po da casa pode quedar contaminado por eles.
1. Segundo algúns estudos, existe unha relación entre o uso de pesticidas do céspede e risco, catro veces ademais, que os nenos contraeron o sarcoma branco de tecidos .
2. Nestes estudos, tamén afirma que a incidencia de cancro no cerebro na infancia é 2-6veces
maior nos domicilios en que o pesticida se utilizou.
3. Os nenos son especialmente vulnerables aos pesticidascomo o aire que respiramos é máis preto do chan
onde se aplican, e tamén son máis propensos a poñendo as súas mans na boca ou esfregar os ollos
as mans sucias. Ademais, o corpo do neno - como o seu
defensa contra as toxinas - aínda está en desenvolvemento.
(...)
CINCO PASOS PARA UN CÉSPEDE LIBRE DE PESTICIDAS:
1. Regue axeitadamente
2. Corte o céspede a xeito
3. Empregue fertilizante orgánico
4. Semente e use abonado superficial cada ano
5. Elimine as malezas ao natural.
(ver o link do título para a explicación de cada paso)

E relacionando coa entrada anterior neste blog, a escaseza de arañas e outros predadores en zonas cortadas do noso campo, tratadas con pesticidas e "coidadas" coincide curiosamente coa ausencia de pragas de cigarriñas escumadoiras e escaravellos defoliadores, mentres que outras zonas "a monte", ofrecen maior diversidade, máis arañas, e menos pragas. O control de pragas pasa por non ignorar nin atacar os que normalmente as controlaban cando non eran pragas. Non é soamente ecoloxía ou saúde pública, é economía viable e sentido común:


Larvas do crisomélido azul (Agelastica alni) atacando masivamente
as árbores, aquí unha folla de ameneiro (Alnus glutinosa).
Nas proximidades, tamén adultos sobre ameneiros
e salgueiros (Salix atrocinerea).


Tampouco as novas por Galicia parecen tranquilizarnos aos que pensamos que se abusa demasiado dos biocidas: Aves de la Ría do Burgo, A Coruña: WWF: Galicia, en la cola de la lucha contra el veneno

Sem comentários:

Enviar um comentário