 |
Este é o cartel elaborado polo GIA para a península ibérica, a versión en galego, na que se diferencia da especie máis semellante. |
Como é sabido, na granítica parte occidental de Galicia, excepto as salgadas covas submarinas e furnas, non hai covas naturais, pero si hai algunhas minas e túneis. Na parte oriental de Galicia, entre os estratos calcarios, xa aparecen cavidades naturais sen maior particularidade que no resto da Península Ibérica, polo que a pesar da ausencia coñecida de citas en Galicia (segundo Cardoso e Morano, 2010) tanto da araña cavernícola grande
Meta menardi, como da araña cavernícola grande meridional (
M. bourneti), agardamos que proximamente aparezan nas catro provincias galegas. Así, na nosa comunidade, haberá tamén outras primicias, a sumar as xa anotadas polos nosos colegas europeos (
European Spider of the Year 2012), que traduzo aquí: