É o quinto ano que en Europa dende que en 2006 se celebrara a primeiro ano da araña europea pola Sociedade Europea de Aracnoloxía, bo momento para participarmos en Galicia, sobre todo pola especie, abondosa, común e doada de atopar e identificar superficialmente, para ir comezando este verán, cando están activas.
 |
Aquí tedes un exemplar de Agelena labyrinthica (Clerck, 1757) ao lado dun río no interior da provincia da Coruña, onde andaban a cazar saltóns e mosquiñas en pleno mediodía. |
No ámbito ibérico, contamos coa garantía de colaboración do
GIA - Grupo Ibérico de Aracnología (dentro da SEA), do que son socio. Así coordinarémonos mellor en toda España e tamén teremos o asesoramento e segura identificación desta especie que lle dá nome á familia das diversas e cosmopolitas
Tegenarias. Moi doada de localizar pola súa densa gran tea en forma de funil, que cobre unha extensa superficie e é visible a distancia, sobre todo despois dunha noite de orballo, a máis confundible é a
Agelena agelenoides (Walckenaer, 1842), especie mediterránea nunca citada en Galicia, pero si en Bragança, cunha única cita no ano 40. Non é probable atopar esta última especie, pero si posible, pois cos datos que manexo, en Galicia soamente se terían detectado un 10 % das máis de mil especies peninsulares. Para máis información e contacto co coordinador español:
Araña común del laberinto, e se dades un paseo por Portugal, aquí tedes información e máis contactos:
Aranha comum do labirinto. De todos os xeitos, na sección entomolóxica do GN Hábitat poderemos organizar a previa recollida e revisión de datos de campo, así como outras dúbidas sobre a nosa entomofauna. Para iso podedes escribir ao e-mail do grupo: gnhabitat@yahoo.es.