20 de junho de 2010
Próxima charla sobre a bioloxía dos Odonatos en Galicia.
Este venres , 25 de xuño, ás 21:00 no local do Grupo Naturalista Hábitat, situado na rúa Camariñas, nº 8, Baixo (zona da praza de Monte Alto), Adolfo Cordero falará sobre a bioloxía dos Odonatos en xeral, e en particular dunha especie de cabaliños do demo: "Selección sexual e conflito entre sexos de Calopteryx haemorrhoidalis", do que aquí tedes un macho:
Para unha recensión do autor, pego o anuncio que escribe o compañeiro do grupo, Ricardo:
"Dentro da actividade ENCONTROS NATURALISTAS contamos nesta ocasión coa participación de Adolfo Cordero Rivera, Licenciado en Bioloxía (1987) e doutor (1991) pola Universidade de Santiago, cunha tese sobre ecoloxía, xenética e comportamento de odonatos (Ischnura graellsii [ver foto superior]). Actualmente catedrático de Ecoloxía na Universidade de Vigo, mantendo varias liñas de investigación sobre organismos ligados ás augas epicontinentais, odonatos, anfibios e réptiles, en aspectos de ecoloxía evolutiva e da conservación. Tamén ten traballado sobre ecoloxía de pragas, en particular sobre o gurgullo do eucalipto e algunha praga do millo. É autor de máis dun centenar de publicacións, ten editado 4 libros, e dirixido 6 teses doutorais."
Ver cartel e anuncio no blog do GN Hábitat.
11 de junho de 2010
Solicitude do Grupo de Traballo de Lucánidos Ibéricos (Galicia)
O experto en xilófagos da Sección Entomolóxica do GNH, tamén con ampla experiencia na SGHN, Pablo Torrella, faime chegar un aviso para colaborarmos co GTLI e o seu coordinador Marcos Méndez, que está a levar xa dende hai anos un proxecto a nivel estatal. Como podedes ver no mapa de distribución que finalmente engadín, a zona da Costa da Morte e Bergantiños, o centro de Lugo e o oriente ourensán, zonas non pouco visitadas polo GN Hábitat, son zonas con moi poucos datos, así que animádevos a participar nun gran proxecto da SEA. Aquí tedes o envío practicamente orixinal do autor, só coa substitución dalgunha ligazón:
Solicitud de ayuda sobre Lucanidae gallegos
Galicia cuenta con cinco especies de Lucanidae (Coleoptera): Dorcus parallelepipedus L., Lucanus cervus L., Platycerus spinifer Schauffus, Pseudolucanus barbarossa Fabricius y Sinodendron cylindricum L. (AEGA - Inventario de especies gallegas). Al menos dos de ellas, D. parallelepipedus y L. cervus, están presentes en las cuatro provincias gallegas (Tabla 1, Fig. 1), mientras que P. spinifer está presente en menos de 15 cuadrículas de 10 x 10 km (GTLI, datos no publicados) y para P. barbarossa y S. cylindricum sólo existen unas pocas citas (López Vaamonde et al., 1993; GTLI, 2003, 2006).

27 de maio de 2010
Máis arácnidos e micropredadores no oriente ourensán
Un grupo de naturalistas reunímonos en Valdeorras para aprezar, ademais de inigualables paisaxes calcarias, aldeas e explotacións agrarias tradicionais, o punto quente de diversidade que constitúe o Parque Natural de Enciña da Lastra, hoxe ameazado por unha mal trazada e pouco necesaria autoestrada. O motivo principal destes chamados training days foi a especial concentración de diversidade de bolboretas diúrnas (vimos 44 especies o mesmo día: entre licénidos, piéridos, ninfálidos, papiliónidos e hespéridos) e unha decea de especies de orquídeas, algo que non se ve tódolos días. Pero non é a miña intención tratar agora toda esa diversidade tan vistosa, nin sequera as bolboretas, que nos amosaba e explicaba o noso experto Rafael Estévez, e da que non puiden resistir facer máis dun centenar de fotos; senón fixarme na notable fauna de predadores invertebrados, como os arácnidos, que proliferan ao asexo de tan diversa cadea trófica.
Xa na primeira parede calcaria, sorprendeume un arácnido cribelado mediterráneo Uroctea durandi, que grazas á entomóloga Belén que nos acompañaba, puiden recoñecer no propio campo, pois a miña guía do N de Europa non me axudaba demasiado con ela. Esta sorprendente araña envolvía unha presa que parecía unha chinche manexando con tal arte os seus peites das patas que evocaba ás tecedeiras locais, adornada no seu abdome con rechamantes lunares amarelos. Velaí a secuencia de caza deste urocteido lapidícola (obsérvese o peite dos tarsos na súa pata posterior dereita):
E deixando á Uroctea na súa madrigueira, e aos seus veciños sexéstridos invaden os furados das pedras calcarias cos seus tobos de tea; no chan tiñamos algún pequeno gnafósido como este negrísimo Zelotes:
Voando por todas partes tiñamos tamén un predador aéreo, o neuróptero Libelloides baeticus, en posición recollida:
Voando por todas partes tiñamos tamén un predador aéreo, o neuróptero Libelloides baeticus, en posición recollida:
5 de maio de 2010
Arácnidos no oriente ourensán
Esta fin de semana, escollín o oriente ourensán para repasar algunhas especies pouco vistas por calquera dos que habitamos no húmido occidente galego, nunha época na que as xeadas e a neve deberían pasar á historia, aínda que ameazaba neve este luns 3 de maio nalgúns puntos altos (ignoro se finalmente nevou na zona montana prospectada, aínda que supoño unha lixeira nevarada tería pouco impacto sobre os nosos pequenos amigos). Primeiro quería espoñer unhas fotografías de especies dos únicos xéneros de licósidos tratados ata agora neste blog: Alopecosa e Arctosa.
En Viana do Bolo, ao lado dunha charca coas ribeiras areosas, no alto dun fresco monte, pero moi asollado, con lavercas cantando de continuo, frecuentes trigueiróns, grallas pequenas, abellarucos,... deixáronse ver os dous xéneros mencionados, moi amantes da area:

Alopecosa accentuata: Como caracteres do xénero, o branco da posta distíngueo a primeira vista dunha Pardosa, o tamaño bastante grande só nos deixa a posibilidade duns poucos xéneros, pero de seguida chama a atención a mancha "cardíaca" do abdome, moi marcada en escuro cun reborde claro, típico carácter do xénero. Esta especie, ten ademais esta mancha bordeada en negro cun deseño característico con 2 prolongacións a ambos lados, moi acentuada, como indica o seu epíteto específico.

Arctosa perita: cun tamaño moi inferior a algunhas atopadas na mesma época na praia, e unha coloración moito máis clara, que nos abre problemas ecolóxicos do seu ciclo vital ou da súa forma. Nesta fotografía as espiñas das patas non se observan con claridade, pero pódese identificar o xénero Arctosa polos ollos traseiros, dirixidos practicamente cara arriba, característica exclusiva deste xénero. As patas aneladas e o deseño de cefalotórax e abdome reforzan a identificación da especie.
27 de abril de 2010
Esteiro do Anllóns: explosión primaveral
Este ano as poboacións de Eurynebria complanata parecen un pouco afectadas polos temporais, con menor número de larvas e poida que algunha alteración do seu ciclo. Parece que se adiantase a metamorfose practicamente un mes con respecto a outros anos, resultando pois o período de metamorfose observado nesta parte da costa dende fins de marzo ata inicios de maio, dependendo o ano.
As arañas Arctosa perita tamén semellan menos abondosas que o ano anterior, pero as sobrevivintes de coloración clara xa teñen un bo tamaño, como este exemplar, un macho (palpos cónicos e ausencia de epixino, noutras fotos) de máis de 85 mm, medida extraordinariamente grande para a especie, identificada polas dimensións do caparazón, as manchas neste e no abdome, ademais do listado das patas:
Non obstante, tamén había outras de bastante menor tamaño e coloración moi escura con características propias da especie Arctosa perita, cousa que aínda está en estudo.
Na zona de dunas, os predadores máis visibles eran as cicindelas, como esta Lophyra flexuosa, que se contaba por decenas.

6 de abril de 2010
Primeiros brotes e comezo de tempada
Levamos máis dun mes dende as primeiras flores (prímulas, violetas, froiteiras...), uns 20 días dende as primeiras follas dos salgueiros e xa con máis diversidade de plantas, máis follas (os carballos agardaron a rebentar os seus gromos ata a primeira semana de abril por aquí), xa comezamos a ter algún insecto máis que os primeiros dípteros polinizadores. Ademais de máis polinizadores, moitos predadores prepáranse para o ataque. Aquí temos algúns exemplos vistos en varios lugares do val do Tea (Ponteareas):
Pardosa hortensis (?): esta pequena araña licósida é de difícil identificación, pois o seu xénero, doadamente distinguible pola forma do seu caparazón e as súas patas posteriores con serdas máis longas, require moitas veces a observación da súa xenitalia. A franxa dorsal irregular e as laterais interrompidas do seu caparazón, o deseño claro do seu abdome, as patas aneladas, a época e o hábitat sobre zona húmida permítennos aventurar a identificación da especie sen chegar a matala.

Pyrrhosoma nymphalis: Esta femia deste ben distribuído platicnémido, acaba de completar a súa metamorfose e xa andaba ao asexo nunha fonte, seguramente de onde ela procedía.
10 de fevereiro de 2010
Presentacións e vídeos de Jorge Á. Ramos
Pego aquí un post que nos envía o entomólogo Jorge Á. Ramos Abuín, contribuidor deste blog, para a súa difusión:
"Ola,
veño de colgar na web duas presentacions de entomoloxia.
Unha e sobre a vida do Padre La Fuente, un dos mellores entomologos españois deste seculo pasado. Compilou moito do que se sabia no momento sobre moitas familias de insectos ibericos, con especial relevancia dos carabidos. As suas chaves de identificacion ainda usanse hoxe e as suas citas ainda se recollen, estudan e tentan confirmarse. Un exemplo de como se adica unha vida a entomoloxia xunto cunha explicacion do contexto cientifico español e europeo da sua epoca.
Ademais, unhas chaves dicotomicas de carabidos cas que se chega a xenero ou incluso especie e unha presentacion dun caso practico de como usala. Todo iso en...
"José María De la Fuente: vida y obra" e Presentacións de jrabuin
E ademais, os coñecidos videos que colguei en youtube de carabidos,lepidopteros,escarabeidos,... en deyrollei"

Subscrever:
Mensagens (Atom)