Xa na primeira parede calcaria, sorprendeume un arácnido cribelado mediterráneo Uroctea durandi, que grazas á entomóloga Belén que nos acompañaba, puiden recoñecer no propio campo, pois a miña guía do N de Europa non me axudaba demasiado con ela. Esta sorprendente araña envolvía unha presa que parecía unha chinche manexando con tal arte os seus peites das patas que evocaba ás tecedeiras locais, adornada no seu abdome con rechamantes lunares amarelos. Velaí a secuencia de caza deste urocteido lapidícola (obsérvese o peite dos tarsos na súa pata posterior dereita):
E deixando á Uroctea na súa madrigueira, e aos seus veciños sexéstridos invaden os furados das pedras calcarias cos seus tobos de tea; no chan tiñamos algún pequeno gnafósido como este negrísimo Zelotes:
Voando por todas partes tiñamos tamén un predador aéreo, o neuróptero Libelloides baeticus, en posición recollida:
Entre as máis das orquídeas observadas, moitos polinizadores como algún rechamante e encarnado cerambícido e meloido e por suposto as bolboretas, incluso en plena cópula; un non menos colorista saltícido distraeu a nosa atención, o pequeno macho do Phylaeus chrysops, sobre unha Genista, non moi lonxe da súa "sosa" parella:Voando por todas partes tiñamos tamén un predador aéreo, o neuróptero Libelloides baeticus, en posición recollida:
Xa nun prado de suave pendente, de abondosas flores, herbívoros e polinizadores, ao seu asexo estaban numerosas araneidas como este de elegante deseño: a Aculepeira ceropegia.
Ademais dalgunha Pardosa sp para o arquivo fotográfico, chamounos a atención este licósido de tamaño medio-grande, que resultou ser a femia da Alopecosa albofasciata, especie da que fora visto un macho hai aproximadamente un mes (ver entrada anterior) cun evidente dimorfismo sexual, propio do xénero, que non tanto da familia.
E non podía faltar o alacrán Buthus occitanus, baixo unha seca pedra no asollado camiño, como "sobreactúa" esta foto queimada:
Xa tendo o xantar feito, encamiñámonos a unha pradería que lindaba cun aciñeiral, onde había unha importante cantidade de bolboretas, avelaíñas, Heliotaurus e demias polinizadores, pero este lugar, pouco areoso e sen calcarias con furados, só nos deparou especies de gnafósidos baixo as escasas pedras e algún tomísido asexando nas plantas.
Gnaphosida
Hola Pablo! Soy Belén, por fin voy encontrando vuestros blogs ;-). Muy chulo el reportaje, gracias por mostrarnos todos estos arácnidos, yo me perdí la mayoría, había tantas cosas para ver que era difícil decidirse, fue un día muy productivo.
ResponderEliminarUna pequeña corrección, el libelloides creo que es Libelloides baeticus, según me comentaron en el IV en otra ocasión cuando subí fotos de la misma zona, se distingue de las otras especies ibéricas por las manchas blancas de las alas posteriores; el nombre Ascalaphus libelluloides es inválido, quedó obsoleto, el género Ascalaphus ahora es sinónimo del género Libelloides, la especie en concreto A. libelluloides creo que es un sinónimo inválido de Libelloides coccajus, otra especie que también se puede encontrar en Galicia.
Yo suelo consultar la web Fauna Europaea (http://www.faunaeur.org/distribution.php?current_form=species_list), donde puedes encontrar las especies citadas para la Península Ibérica, permite buscar en distintas categorías taxonómicas y en distintos países europeos, se supone que la clasificación que allí aparece es la actualmente válida.
Por cierto, gracias por lo de entomóloga, pero simplemente soy una aficionada, jeje.
Saludosss y hasta la próxima!
Olá Pablo,
ResponderEliminarfermosos diseños o destes arácnidos, especialmente ese Phylaeus que nós só viramos na guía
Moi boa xornada de training-days
Saúdos
Graciñas aos dous. Xa o corrixo, Belén. A verdade é que en neurópteros non me actualizo máis aló da Chinery, estes "adornos" entomolóxicos sempre me dan problemas. Ben, e tamén algunha araña queda sen poñer, claro...
ResponderEliminarPablo Carballo