|
Fig. 1: Unha aproximación aos ollos dunha libélula aínda sen gañar color (teneral). |
![]() |
Fig. 2: Santiago Ramón y Cajal, retratado por Sorolla en 1906, o ano do seu premio Nóbel en Fisioloxía ou Medicina. |
Así, en 1917 exclamaba:
"E eu que, enganado polo malfadado prexuízo da seriación progresiva das estruturas zoolóxicas de función semellante, agardaba toparme cun plan estrutural sinxelísimo e doadamente abordábel! Sen dúbida que os zoólogos, anatómicos e sicólogos calumniaron aos insectos. Comparada coa retina destes ao parecer humildes representantes da vida (himenópteros, lepidópteros e neurópteros*), a retina da ave ou do mamífero superior aparécesenos coma algo groseiro, basto e deplorablemente elemental. A comparación do rudo reloxo de parede con esquisita e diminuta saboneta non dá exacta idea do contraste. Porque o ollo-saboneta do insecto superior non consta soamente de máis tenues rodamentos, senón que entraña asemade varios órganos complicadísimos, sen representación nos vertebrados."
(tradución propia a partir da versión on-line de Recuerdos de mi vida).
(tradución propia a partir da versión on-line de Recuerdos de mi vida).