Por desgraza non podemos felicitarnos por ningunha novidade editorial de importancia no noso país, que eu coñeza, neste que foi o ano Wallace, por terse cumprido 190 anos do seu nacemento (e 100 anos da súa morte), pero si podemos aproveitar os medios que nos dan os avances da rede global para acceder máis doadamente ao contido das súas obras nunha lingua que non debería ser allea ao cietífico de profesión ou de afección: a súa propia lingua materna. Nesta páxina, recóllese unha escolma do mellor que ten o autor e algunhas curiosidades: http://wallacefund.info/, que afortunadamente no mundo e na Gran Bretaña non se trata da única iniciativa, destacando ademais páxinas como a da Linnean Society e Biodiversity Heritage, onde podemos descargar tamén contidos de interese.
Alfred Russel Wallace aos 30 anos -hai 160 anos-. "Fotógrafo": Thomas Sims. [Publicado por 1ª vez na obra do homenaxeado My Life (1905). (c) do escaneado: A. R. Wallace Memorial Fund & G. W. Beccaloni.] O ambrotipo orixinal (seguramente perdido) coincide na época coa publicación dos seus 1ºs libros: Palm trees and the Amazon and Their Uses e A Narrative of Travels on the Amazon and Rio Negro, With an Account of the Native Tribes, and Observations on the Climate, Geology, and Natural History of the Amazon Valley (1853), froito da expedición que realizara co seu colega entomólogo Henry Walter Bates. |