A pasada semana, unha ducia de persoas convocadas por Saramaganta e o GN Hábitat, e guiadas por un membro deste grupo: Jorge Ramos, acudimos a un training day máis, que nesta ocasión desprazouse ao norte para ver a mellor conservada masa de bosque atlántico: o Parque Natural das Fragas do Eume. Nel puidemos observar as dúas especies e unha subespecie de Carabus endémicas deste recanto noroeste da península:
![]() |
| Primeiro plano do predador de vermes e outros animais semiacuáticos, o C. galicianus, portando un ácaro forético, é dicir que aproveita o gran escaravello como transporte. |

