O pasado mes de xullo nun exaustivo estudo que se está a levar por Emilio Sabarís e outros naturalistas e co apoio académico de Adolfo Cordero na cuadrícula UTM que inclúe a Lanzada e parte das ameazadas pozas da Fianteira, aparecía unha especie posible pola latitude pero de todo inesperada, por non haber citas máis que no levante e sur da península Ibérica, algo do que se fixo eco a prensa por, ademais de chegar á especie nº 36 na zona, era nova especie para Galicia, algo que podedes comprobar no blog de Pablo Sanmartín: Anillamiento y algo más.
Pois ben, este proxecto modélico de estudar para conservar, no máis puro estilo do noso lema, deunos folgos no GN Hábitat para iniciar este ano en imitación outro Proxecto Odonatos doutras zonas representativas dos distintos ecosistemas galegos. Os espazos naturais protexidos ou non da Costa da Morte, o río Mandeo, o Xistral, etc. teñen distintas características có litoral pontevedrés estudado e por suposto cás zonas mediterráneas do sur e as montañas orientais. A nosa intención é coñecer a diversidade de distintas zonas para logo poder facer un seguemento de cada espazo ou cuadrícula escollida.
Logo, nunha saída entomolóxica con Jorge Ramos, a finais de xullo, atopabamos esta femia de Sympetrum flaveolum, na zona de Sanabria, Zamora; a 1400 msnm. no límite externo da súa distribución, ás portas do límite con Ourense (a unha decena de quilómetros).
Comunicamos de inmediato aos compañeiros da asociación o achádego e intentamos organizar outra expedición, que fracasou por compromisos varios. Por fin, noutro día tórrido, xa na última fin de semana de agosto, Loli Pardo e mais eu, achegámonos facer unha ruta pola Veiga, a ver se andaba por alí algunha amiga súa, como así foi nunha pequena xunqueira a uns 1300 msnm. O certo é que non apareceu ningunha femia, non sabemos se por ter xa completado o seu ciclo facendo a posta ou por que andaban refuxiadas nas touzas cercanas; pero si 3 machos, a bo seguro preparados por se calquera femia solicitaba os seus servizos. Aquí deixo distintos planos da especie para facilitar o seu recoñecemento a algún montañeiro intrépido:
Mais a historia non remata aí, pois os naturalistas Martiño Cabana e Anxos Romeo* atopárona a mediados de agosto en varios puntos máis ao norte, ata as montañas orientais de Lugo. E non perderon tempo, pois xa teñen o artigo en vías de publicación.
Así que temos Sympetrum flaveolum ben asentado polo menos nas montañas fronteirizas con Castela e León. Agardemos un bo futuro nestas montañas sen igual, aínda que o macho danado non lle viña mal saber que alguén anda asexando por alí:
Segundo o estudo preliminar publicado por varios autores na revista especializada Odonatologica (nº 36) no ano 2007, había rexistradas en Galicia 49 especies, número tentador para o redondeo que con estes achádegos xa subiu a 51 especies de odonatos en Galicia... e subindo. Os odonatos resistentes ao frío ou aquí de montaña Aeshna juncea e o Lestes sponsa están nos montes veciños a Galicia.
* En canto as citas sexan publicadas, retomarei no blog o tema dos odonatos de montaña, que me parece de primeira orde para a conservación.
Pois ben, este proxecto modélico de estudar para conservar, no máis puro estilo do noso lema, deunos folgos no GN Hábitat para iniciar este ano en imitación outro Proxecto Odonatos doutras zonas representativas dos distintos ecosistemas galegos. Os espazos naturais protexidos ou non da Costa da Morte, o río Mandeo, o Xistral, etc. teñen distintas características có litoral pontevedrés estudado e por suposto cás zonas mediterráneas do sur e as montañas orientais. A nosa intención é coñecer a diversidade de distintas zonas para logo poder facer un seguemento de cada espazo ou cuadrícula escollida.
As femias deste especie as ás son especialmente recoñecibles pola mancha alar que case sempre sobrepasa a axila da á. |
Comunicamos de inmediato aos compañeiros da asociación o achádego e intentamos organizar outra expedición, que fracasou por compromisos varios. Por fin, noutro día tórrido, xa na última fin de semana de agosto, Loli Pardo e mais eu, achegámonos facer unha ruta pola Veiga, a ver se andaba por alí algunha amiga súa, como así foi nunha pequena xunqueira a uns 1300 msnm. O certo é que non apareceu ningunha femia, non sabemos se por ter xa completado o seu ciclo facendo a posta ou por que andaban refuxiadas nas touzas cercanas; pero si 3 machos, a bo seguro preparados por se calquera femia solicitaba os seus servizos. Aquí deixo distintos planos da especie para facilitar o seu recoñecemento a algún montañeiro intrépido:
Neste individuo, ademais das manchas amarelas bastante extendidas, podemos ver indicios dun ataque. |
Mais a historia non remata aí, pois os naturalistas Martiño Cabana e Anxos Romeo* atopárona a mediados de agosto en varios puntos máis ao norte, ata as montañas orientais de Lugo. E non perderon tempo, pois xa teñen o artigo en vías de publicación.
Así que temos Sympetrum flaveolum ben asentado polo menos nas montañas fronteirizas con Castela e León. Agardemos un bo futuro nestas montañas sen igual, aínda que o macho danado non lle viña mal saber que alguén anda asexando por alí:
Picanzo cabecirrubio (Lanius senator), na zona da xunqueira. |
* En canto as citas sexan publicadas, retomarei no blog o tema dos odonatos de montaña, que me parece de primeira orde para a conservación.
Sem comentários:
Enviar um comentário