1 de novembro de 2010

Unha chinche moi vistosa considerada praga chega a Galicia

A mediados de outubro deste ano apareceron estas chinches chamadas Leptoglossus occidentalis Heidemann, 1910, praga que se alimenta xa dos brotes de coníferas por varios puntos de Galicia occidental, onde non había rexistros previos, pero si moito piñeiro de repoboación susceptible de ser atacado por esta "colona" americana. 
A chinche americana das coníferas Leptoglossus occidentalis intentando colarse na miña vivenda.

Aquí podemos vela alarmante probóscide deste intruso invernal de moitas construcións humanas, pero que saibamos non ten costume de andar furando carnes de ninguén, pois nisto as chinches son moi caprichosas.

Esta especie americana non é unha visitante ocasional ou recente emigrada a Europa, senón máis ben instalado hóspede das coníferas europeas, pois xa en 1999 aparecera no N de Italia e no ano 2004 fai o propio en Cataluña. Os compañeiros de BV cóntannolo en Leptoglossus occidentalis Heidemann 1910 : Biodiversidad Virtual
Pero en Galicia realmente a primeira observación publícana Javier Pérez e Fernando Prieto na revista electrónica galega Arquivos Entomolóxicos: AE4, e é esta información e a aparecida en prensa (ver noticia na Voza que me fai revisar a fotografía daquel curioso bicho que intentaba colarse na miña cociña en Ponteareas o 14 do xa pasado mes, resultando a observación case simultánea da ofrecida por estes autores uns quilómetros máis ao norte... e seguramente simultánea de tantas outras observacións superficiais por galegos non dispostos a facer excesos de hospitalidade con este inquietante inquilino, xa que como anotan os autores en prensa, estas grandes chinches da familia das Coreidae son dadas a buscar refuxio invernal para evitar os fríos nocturnos.

3 comentários:

  1. Eu máis ben penso que a pragas en Galicia son as plantacións masivas de piñeiros e eucaliptos, desplazando as carballeiras, soutos, vidueiros e fragas, saúdos

    ResponderEliminar
  2. Si, coincido con José Ramón. Benvido sea ese chinche e máis se ataca exclusivamente ao radiata! Lémbrame á camiseta que fixera no seu día a asociación herba "amigos do gonipterus", esta vez con piñeiros. Agardo con ansía a vindeira entrada. Un saúdo!

    ResponderEliminar
  3. Ou o clásico Phoracantha, grupo de defensa de Cabañeros do ano 83, do que tomou relevo a CODA. Moito me temo que os tempos non son os mesmos, e que os piñeiro se aceptan como propios e non inspiran a mesma resitencia que a perspectiva dun depósito nuclear, cando realmente son peores: reducen a biodiversidade e aumentan os incendios en hectáreas e hectáreas. Sirva o Leptoglossus para recordarnos a importancia da diversificación de cultivos e da conservación dos bosques autóctonos.

    ResponderEliminar