Dentro da actividade ENCONTROS NATURALISTAS que ten lugar a última semana de cada mes, contamos nesta ocasión coa participación do entomólogo Rafael Estévez, especialista na bioloxía, distribución e conservación dos ropalóceros (bolboretas diúrnas) que virá a falarnos sobre aspectos da distribución deste grupo faunístico.
A charla terá lugar no local do Grupo Naturalista Hábitat, Rúa Camariñas, 8-baixo (xunto á praza de Monte Alto) A Coruña, o venres 29 de xaneiro ás 20:30h.
A entrada será libre e gratuíta.
Saúdos dende o GN Hábitat.
Sem comentários:
Enviar um comentário