

Tamén fixeron aparición algúns escaravellos do chan, baixo pedras do camiño: un Chrysocarabus lineatus lateralis, dous Petrophilus brevipennis (ver á dereita)

Xa ao mediodía uníronsenos os compañeiros da SGHN de Pontevedra (Xosé Lois Rey, entre outros) nun espazo un pouco máis prometedor, nun camiño que pasaba do mato baixo ao bosque de ribeira: a Fraga das Barbudas. Xunta a eles, constatamos a inmensa variedade de bolboretas que nos saían ao paso, moitos piéridos, satíridos, ninfálidos, licénidos...
Xa sobre as comportas dun encoro, atopamos inconfundibles latrinas de xeneta adulta cos restos da súa típica dieta de fins de verán: grandes escaravellos habitantes desta fraga, coma o Prionus coriarius e a vacaloura Lucanus cervus. Tamén había excrementos dun individuo probablemente xuvenil, coas fecas máis finas e compostas de amoras, herbas e unha moscarda azul.
Sem comentários:
Enviar um comentário