10 de fevereiro de 2010

Presentacións e vídeos de Jorge Á. Ramos

Pego aquí un post que nos envía o entomólogo Jorge Á. Ramos Abuín, contribuidor deste blog, para a súa difusión:

"Ola,


veño de colgar na web duas presentacions de entomoloxia.

Unha e sobre a vida do Padre La Fuente, un dos mellores entomologos españois deste seculo pasado. Compilou moito do que se sabia no momento sobre moitas familias de insectos ibericos, con especial relevancia dos carabidos. As suas chaves de identificacion ainda usanse hoxe e as suas citas ainda se recollen, estudan e tentan confirmarse. Un exemplo de como se adica unha vida a entomoloxia xunto cunha explicacion do contexto cientifico español e europeo da sua epoca.



Ademais, unhas chaves dicotomicas de carabidos cas que se chega a xenero ou incluso especie e unha presentacion dun caso practico de como usala. Todo iso en...

"José María De la Fuente: vida y obra" e Presentacións de jrabuin


E ademais, os coñecidos videos que colguei en youtube de carabidos,lepidopteros,escarabeidos,... en deyrollei"